miércoles, 21 de enero de 2015

Informe para a Auto-reflexión sobre a posta en práctica da actividade deseñada

Despois da posta en práctica na aula das actividades deseñadas, imos facer unha sesión de reflexión, pero previamente imos facer unha sesión de AUTO-REFLEXIÓN.

Aqueles profes que deseñástedes as actividades debedes de cubrir este autoinforme para a próxima sesión que fagamos.

Pinchade sobre a imaxe e descargade o AUTOINFORME en formato editable ou ben imprimídeo e o cubrides a man.
Por favor, levádeo á sesión de Reflexión.

miércoles, 14 de enero de 2015

Resumo  da 2ª Sesión.

A sesión foi moito máis práctica que a primeira e  moito máis densa, sobretodo, tendo en conta que había xente que nunca traballara coas tablets e co uso e manexo das apps .

Traballamos:  thinglink, doceri, wordmosaic e notegraphy cada unha delas foi investigada e traballada en grupos de catro persoas e, o final expostas aos compañeiros, co fin de que todos puidesemos ter unha idea xeral máis cercana das que non nos tocara investigar. A sesión resultou moi entretida e creativa, creando un clima de colaboración e traballo en equipo enriquecedor. Sen dúbida o mellor modo de aprendizaxe é a propia práctica.

Como reflexión, buscabamos aplicacións máis sinxelas para traballar directamente co alumnado, que eles mesmos sexan partícipes e creadores.

Tamén destacar o escaso tempo que tivemos para que todos puideramos coñecer e manexar as aplicacións propostas nos distintos grupos, así como unha primeira sesión de coñecemento das tablets e o seu manexo básico.



martes, 13 de enero de 2015

Resumo da sesión de presentación



A opinión conxunta do noso seminario  ¡é que a sesión  foi excesivamente teórica, pouco adaptada aos obxectivos do curso, na que os medios técnicos non acompañaron.

  Notamos falta de planificación temporal e da materia  e dun fio conductor desa sesión.

Gustounos o plantexamento educativo de Manel, e estando dacordo coa súa metodoloxía, botamos en falta unha maior aplicabilidade práctica. É dicir, nos tamén aprendemos facendo.

Por outra banda, a exposición de Susana, pareceunos pouco sustanciosa aínda que foi máis achegada á práctica da aula.