Fixemos os nosos debuxos, grabamos e usando a app chatter kid puxémoslles voces e finalmente co Imovie montamos o nosos video das cousas que nos gusta pintar e facer para que viran o resto dos nenos da clase e a outra clase de 5 anos.
domingo, 31 de mayo de 2015
5 anos
Fixemos os nosos debuxos, grabamos e usando a app chatter kid puxémoslles voces e finalmente co Imovie montamos o nosos video das cousas que nos gusta pintar e facer para que viran o resto dos nenos da clase e a outra clase de 5 anos.
VideoShow
Video
subido por Tere utilizando a app VideoShow mostrando os seus alumnos o
proceso de elaboración do pan coas fotos e textos elexidos por eles
jueves, 28 de mayo de 2015
Dende o Departamento de Orientación, fixemos varios traballos co alumnado de quinto curso.
Empezamos facendo dous "trailler" para promover o uso dos exercicios da terapia Mind Moves (terapia baseada no movemento que empregamos na escola para solucionar dificultades de aprendizaxe). Logo montaríamos a película completa.
Despois, unha vez que xa coñecían o programa IMOVIE, fixemos unha curtametraxe contra o bulling que ademais de dar a coñecer esta problemática, participaría no consurso de curtametraxes do centro.
A tablet nestes casos foi soamente unha ferramenta máis no proceso. O fundamental foi o traballo en equipos para descubrir como se fai unha película, que profesionais interveñen, que función ten cada un, elaboración do guión, da escaleta, edición dos vídeos...
Cada neno realizou o seu papel: director, realizador, cámara, guionista, actor, editor... e finalmente o equipo de edición montou os vídeos.
Deixo unha mostra...
martes, 19 de mayo de 2015
NADARÍN
Fátima e Isabel, profes de educación infantil, realizamos unha curtametraxe cos nenos e nenas de 5 anos, utilizando a aplicación imovie. O resultado da nosa experiencia podédela ver a continuación:
lunes, 18 de mayo de 2015
Decálogo para un uso seguro da electricidade
Esta actividade realizouse na aula de 6º para a area de coñecemento. A aplicación utilizada foi Tellagami.
A clase está organizada en grupos de traballo corporativo, a mestra facilita a cada grupo textos diversos que deberán ler como base para elaborar o seu propio decálogo. Traballarán seguindo a estrutura cooperativa "lapis ao centro", na que a partir de distintas opinions discuten entre todos e deciden a mais axeitada. Posteriormente faise unha posta en común de toda a clase para chegar á elaboración do decálogo definitivo que cada grupo recollerá por escrito e presentarán logo ao resto dos compañeiros, utilizando esta aplicación que permite: grabar a voz, utilizar distintos personaxes, caracterizalos, cambiar ou crear os fondos, etc.
Aquí tedes un exemplo
Decálogo

viernes, 15 de mayo de 2015
EN MI CARITA REDONDITA
Berta Franco
Mi experiencia con las tablets
Hola, mi experiencia fue interesante, sobre todo porque muchos niños no habían visto de cerca una tablet ni grabado un video ( o un montaje como es el caso que os presento). Muchos de ellos al principio no eran capaces ni de sacarse la foto, la conexión bastante regular en el cole en que estoy, y la tablet que utilice tenía sistema android, asi que probé con los niños algunas apps que eran compatibles . Espero que la calidad de subida sea la mejor y si quereis probar esta pp se lllama Videoshow y es muy facil de utilizar, se pueden poner pegatinas, grabar voces y cambiar muchas opciones. Los niños probaron varias opciones en cada uno de ellos, y pusieron sus nombres escogiendo tipos de letra, colores y lugares donde ponerlos. También votamos la música más divertida convirtiendolo en una decision de grupo y trabajando la discusión en grupo y la aceptación de ideas de los demás.
miércoles, 13 de mayo de 2015
Sesión con Marta Carracedo
Este xoves día 7 tivemos unha sesión de formación no centro coa compañeira Marta Carracedo, que nos ensinou unha visión diferente a forma de integrar as Tablets nas aulas de infantil coa visión dende o seu cole.
Con ela vimos moitas aplicacións diferentes tanto de realidade aumentada, códigos QR, coma libros para utilizala:
Tamen nos contou coma facer a asamblea de infantil a través de diferentes apps
Foi unha sesión moi didáctica e participàtiva.
miércoles, 6 de mayo de 2015
Sesións Grupais
Nestas tres sesións grupais aproveitamos para traballar diferentes apps relacionadas coa temática do cine:
1º App é gratuita tamén para android e apple e moi doada de usar tanto na tablet coma nos teléfonos mobiles:
2º App tamén gratuita e Tinytap, tratamos nesta ocasión de ver actividades creadas por outras persoas e crear a nivel moi básicos algunhas para usalas na aula:
3º App chamada Telestory que leva sendo gratuita dende fai dous meses, na que nos grabamos facendo probas de video para logo poder levalo a cabo na clase con nenos e nenas e que sexan eles quenes creen a historia.
4ºActionMovie unha app coa que grabamos libremente nun escenario e podemos engadirlle un efecto especial, a app e gratuita pero os efectos teñen precios variables:
Ademais acordamos ir engadindo as nosas creacións a este blogue ao longo do mes de maio coas nosas historias e relatos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)