miércoles, 17 de junio de 2015

Os alumnos e alumnas de 3ºB  temos moito iterés en coñecer mellor a nosa fermosa cidade e para elo, estamos desenvolvendo un proxecto sobre diversos aspectos da mesma.
Nesta actividade que presento utilizamos a aplicación INMOVE. A tablet foi un instrumento  máis do que nos servimos para profundizar no coñecemento e elaborar traballos.

Organizámonos en pequenos grupos para , a través da cooperación e a colaboración , levar adiante este proxecto.


Nota:o corto realizado con INMOVE ten demasiado peso para blogger.

lunes, 1 de junio de 2015

AS SETE CORES

ESTA FUE LA CANCIÓN QUE CANTAMOS Y REPRESENTAMOS LOS NIÑOS Y NIÑAS DE 4 AÑOS PARA CELEBRAR EL FALADOIRO DE PRIMAVERA. SE TRATA DE UNA CANCIÓN DEL GRUPO GALLEGO "O PIRILAMPO". PARA HACER EL VÍDEO UTILICÉ EL CHATTERKIDY POSTERIORMENTE REALICÉ EL MONTAJE CON iMovie.

domingo, 31 de mayo de 2015

5 anos



Fixemos os nosos debuxos, grabamos e usando a app chatter kid puxémoslles voces e finalmente co Imovie montamos o nosos video das cousas que nos gusta pintar e facer para que viran o resto dos nenos da clase e a outra clase de 5 anos.

VideoShow



Video subido por Tere utilizando a app VideoShow mostrando os seus alumnos o proceso de elaboración do pan coas fotos e textos elexidos por eles





jueves, 28 de mayo de 2015

Dende o Departamento de Orientación, fixemos varios traballos co alumnado de quinto curso. Empezamos facendo dous "trailler" para promover o uso dos exercicios da terapia Mind Moves (terapia baseada no movemento que empregamos na escola para solucionar dificultades de aprendizaxe). Logo montaríamos a película completa. 
 Despois, unha vez que xa coñecían o programa IMOVIE, fixemos unha curtametraxe contra o bulling que ademais de dar a coñecer esta problemática, participaría no consurso de curtametraxes do centro. 

A tablet nestes casos foi soamente unha ferramenta máis no proceso. O fundamental foi o traballo en equipos para descubrir como se fai unha película, que profesionais interveñen, que función ten cada un, elaboración do guión, da escaleta, edición dos vídeos... Cada neno realizou o seu papel: director, realizador, cámara, guionista, actor, editor... e finalmente o equipo de edición montou os vídeos. Deixo unha mostra...


 

martes, 19 de mayo de 2015

NADARÍN


Fátima e Isabel, profes de educación infantil, realizamos unha curtametraxe cos nenos e nenas de 5 anos, utilizando a aplicación imovie. O resultado da nosa experiencia podédela ver a continuación:


lunes, 18 de mayo de 2015

Decálogo para un uso seguro da electricidade

Esta actividade realizouse na aula de 6º para a area de coñecemento. A aplicación utilizada foi Tellagami.

A clase está organizada en grupos de traballo corporativo, a mestra facilita a cada grupo textos diversos que deberán ler como base para elaborar o seu propio decálogo. Traballarán seguindo a estrutura cooperativa "lapis ao centro", na que a partir de distintas opinions discuten entre todos e deciden a mais axeitada. Posteriormente faise unha posta en común de toda a clase para chegar á elaboración do decálogo definitivo que cada grupo recollerá por escrito e presentarán logo ao resto dos compañeiros, utilizando esta aplicación que permite: grabar a voz, utilizar distintos personaxes, caracterizalos, cambiar ou crear os fondos, etc.

Aquí tedes un exemplo

Decálogo